martes, 27 de enero de 2015

Atopeite de novo.



Bránca néboa.
Tremer inquedo.
Diaño de neve, inverno, causante dos meus males...

Nun mar de nubes bailando xuntos. Mentres as ondas baten nos nosos corpos.



Común eclipse. Efímera loucura.
Súbita morte.

Acabóuseme a vida, pois... rencontrámonos.

lunes, 3 de febrero de 2014

Mundo de bonecas.



De nena xogaba agochada baixo a protección dun castelo.
Xogaba ás guerras, xogaba a que era un gran cabaleiro.
Un cabaleiro con todas as súas pezas: un completo cabaleiro.

Cun ferro ou cunha madeira imaxinaba unha espada.
E así se convertía na máis grande, na máis fermosa,
e eu era a que tiña os brazos máis rápidos e a que daba os golpes máis direitos.

Comenzaba a danzar, nunha danza de espadas,
na danza da guerra, na danza da vida e da morte.

O son do aceiro era fermoso: o son da imaxinación voando sen límites.
O son da liberdade de ser quen son.

Pero de novo estou aiquí enganándome: nun mundo de bonecas.

jueves, 28 de noviembre de 2013

Ti.

Perto dun río que m'anda a susurrar verbas incomprensíbeis.
Lonxe, moi lonxe dun ceo cuberto de choiva.
Teño latente no corasón unha ferida...
Estou lonxe do lugar o que amo,
estou lonxe do meu lar.



Sorrindo leda polo seu recordo,
cun forte pranto pola ausencia.

Morrendo paseniño... sen saber se a voltarei ollar.

sábado, 23 de noviembre de 2013

Revolución

Ela recolleu os seus cabelos cunha man, impedindo que a chama da revolución llos queimase.

El, sostiña unha bandeira.
E a abaneaba facendo oitos: de adiante para atrás. Avivando a chama.
E por máis que correu, por máis que quixo correr, queimouse. Queimáronse.
Namoráronse.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Campo de batalla.

Ca fariña xogabamos a que a aldea era un campo de batalla.



Xamáis esqucerei cando entrei naquel bar en busca de refuxio.
Un home empurrou a porta con forza e mantívoa pechada
para que non entrase ninguén máis.

Era só fariña, pero as súas faces descompostas polo medo e a adrenalina,
semelláronseme ás dos soldados da guerra
cando saben que van morrer.

Gritaban, empurraban e pedían que lles abrísemos:
"antes de que cheguen"
"antes de que cheguen, por favor!"

E eu, cos ollos cheos de bágoas,
saboreando a impotencia,
contemplei como aqueles inocentes morrían baixo una nube de fariña.

Eso si... de mentira.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Afastáronse.

Enfundado naquela gabardina parisién despediu a súa amada cun lene xesto de chapeu.
Botando un falso sorriso, ao tempo que se abafan as súas lentes.

Abafáronse polo contraste do frío inverno e a quente malencolía.
Afastouse o autocar, ao mesmo tempo que se afastaban os corazóns namorados.

jueves, 17 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012

Temos lendas para contar ao carón do lume.
Temos un conxunto de tradicións que ninguén entende.

É fermoso, miña terra, o solpor entre os montes do Courel.
É fermosa, Galiza, a dor das ondas cando morren contra a Costa da morte.

Como podo explicar o calafrío ao ver como corta a silueta do castelo de Monterrei no solpor?
Como podo explicar aos demáis o doce sabor que me deixan as túas verbas?



Galiza, amo cada un dos recunchos que están entre as túas fronteiras.
Montes, castros, costas...
Galiza, amo cada unha das verbas que nos fan únicos.
Ialma, brétema, solpor, orballo...

Os bágoas dos que tiveron que marchar.
A emigración, que tratou de matar a nosa nazón, só a fixo máis forte.



Choro ao sentir o teu verdor ao reflexar nos meus ollos de auga.

Palpar o tacto do vento.
O ar impregnado de cada unha das partes do teu corpo, furtiva amante.

O mirar dos que non nos entenden,
cando choramos de morriña,
as nosas tradicións,
o pranto ao escoitar o noso hino, as nosas gaitas, a nosa música, as nosas voces...
As nosas voces recitando o conxuro da queimada.

Nazón de Breogán.
Nai mestra.
Terra de meigas, feitizáchesme.




Desperta do teu sono fogar de Breogán.